Óscar Doviso e Noelia Muiño triunfan no 45º Festival Curtas de Vilagarcía

O rebelde (Óscar Doviso), mellor curta galega. El visitante (Noelia Muiño), mellor dirección galega

O Festival Curtas de Vilagarcía pechou o pasado domingo a súa edición número 45 cun balance moi positivo tanto polo número e variedade das súas actividades como pola resposta do público a esta programación con sete días intensos de cine. A xornada principal foi o sábado e rematou cunha gala de entrega de premios na que o festival recoñeceu a traxectoria e méritos do cineasta español Juanma Bajo Ulloa.

 

Bajo Ulloa tras recibir o galardón. Foto de Noé Parga

 

Os premios especiais tamén foron para os ilustradores Jesús Merino, Luis Royo e Esteban Maroto. Nas seccións competitivas de curtametraxes, que este ano foron votadas polo público asistente a ás proxeccións, o premio á mellor curtametraxe de animación foi para In a heartbeat, realizado en Estados Unidos este ano por Beth David e Esteban Bravo. A mellor curta galega foi O Rebelde do ourensano Óscar Doviso, realizado en 2016.

 

 

O premio ó mellor director galego foi para a cineasta de O Pino (A Coruña) Noelia Muiño polo seu traballo El visitante.

Tamén se concedeu un premio á mellor curtametralle internacional, que recaeu en Le mécène, filme francés de Lionel Auguste.

No apartado de lorgametraxe, que concursa por primeira vez no festival vilagarciano, o premio foi para A mae é a que sabe do cineasta portugués Nuno Rocha, realizado o ano pasado.

“Cumplíronse as expectativas e a resposta do público foi a esperada no día grande de Curtas. Toda a oferta de actividades foi acollida con gran éxito de asistencia, tanto nas proxeccións, torneos, sesións de firmas, exposicións, na rúa e na gala-concerto”, declarou o director do festival Luis Rosales.