26 outubro – 4 febreiro: Exposición “Visións contemporáneas” de María Ruido

O pasado xoves 26 de outubro, inaugurouse o XV ciclo de Visiones Contemporáneas: Últimas tendencias no cine e o vídeo en España, un proxecto expositivo comisariado por Playtime Audiovisuales, que ten a súa sede no DA2 (Domus Artium 2002) Centro de arte contemporáneo de Salamanca, que estará adicado á artista visual, María Ruido.

 

 

María leva traballando dende o ano 1998 en distintos proxectos interdisciplinares, que tratan principalmente as temáticas do traballo no capitalismo actual e o lugar que ocupa a muller dentro da sociedade neoliberal. Así como sobre os mecanismos de construcción da memoria e a súa relación coa “ficcionalidade” da historia. Nos últimos anos, embarcouse tamén nos estudos e pensamento decolonial, a partir das revoltas árabes do ano 2011 e a chegada masiva de migrantes ás costas do Mediterráneo. Precisamente, para este novo programa Visiones Contemporáneas céntrase en dúas das súas producións máis recentes O soño rematou (2014) e “O Ollo imperativo” (2015), que se centran en estes temas.

 

PROGRAMA

 

Le rêve est fini (O sono rematou) – Son. Cor. Dixital e Super8. 2014. VOSE. 47’

O sono rematou localízase principalmente en Lampedusa, o territorio tunecino máis cercano a Italia. O sur do Mediterráneo acentuou o seu carácter de tumba anónima para máis  de 17.000 inmigrantes mortos dende principios dos 90. A situación de todo un continente, o africano, devastado na súa maior parte polo colonialismo europeo dos SXIX e XX e unha poboación actual obrigada a emigrar e a “soñar con Europa” dende o outro lado. Un soño ficticio e unha ilusión, que remata na maioría dos casos da forma máis tráxica.

 

 

L´Oeil Impératif (O ollo imperativo) – Son. Cor. Dixital, Super8, 16mm e 35mm. 2015. VOSE. 61’

Ensaio crítico no que aborda a situación de explotación actual á que se ven sometidas as mulleres, nas grandes empresas textiles españolas que operan en Marrocos. A través do cal, invítanos a pensar colectivamente sobre algo que non nos ten que resultar alleo, o colonialismo e “as soberanías visuais”. A obra propón unha reflexión transversal sobre o papel da imaxe, das imaxes nos procesos coloniais, tendo en conta non só as formas de explotación senón o pensamento que como di Boaventura de Sousa “domina este sistema-mundo e non cesa”.

 

 

DATAS E LUGAR

Exposición Visiones Contemporáneas VC015 – María Ruido

Do 26 de outubro do 2017 ó 4 de febreiro do 2018

DA2 – DOMUS ARTIUM 2002 – Centro de arte contemporáneo de Salamanca

Entrada de balde en horario de apertura do centro