Mércores 20: Bambú Producciones e Federico Pérez estrean “Tiempos de guerra” en Antena 3

 

 

O vindeiro mércores 20 de setembro, Atresmedia e a galega Bambú Producciones estrearán ás 22:30 horas a nova serie de Antena 3:

“22 de xullo de 1921. A Batalla de Annual (Marrocos) convírtese nunha das máis graves derrotas militares do exército español. É tal a cantidade de soldados convalecentes que os hospitais non dan abasto e a Raíña decide intervir. Un grupo de Damas enfermeiras, liderado por Carmen de Angoloti (a Duquesa da Victoria), parte da capital. O seu destino: o frente. O seu cometido: salvar vidas. Son señoritas da alta aristocracia nacional, damas enfermeiras que abandonan unha vida de luxo para cumprir co seu deber… todas salvo unha; Julia (Amaia Salamanca). Desesperada pola falta de novas do seu noivo e o seu prometido, Julia decide embarcarse a Melilla sen titulación, sen pasaxe e sen o coñecemento da súa familia. Todo coa esperanza de atopar ó seu irmán e ó seu prometido con vida. Pero non lles agarda un camiño fácil. As mozas aristócratas terán que adaptarse rapidamente ós mecanismos da guerra, ás loitas internas dentro do hospital e ás diferencias de clase social, mentres demostran a súa valía salvando a vida dos soldados feridos en combate”.

«Encántanos o melodrama, e este é un melodrama bélico, sobre o amor en tempos de guerra. Non é unha serie histórica, que sona a clase de historia e aburrido», conta  o galego Ramón Campos, creador da serie, sobre unha produción na que levan traballando dende 2014. «Pero sí imos a conta-la historia da enfermeiras que van a Melilla, e hai que intentar non traizoar a verdade. A batalla de Annual foi unha especie de traizón ós que estaban alí. O exército foi para que os altos mandos leváranse medallas. Elas, pola súa parte, pensaban que ían  facer unha labor humanitaria cando no fondo estaban lavando a imaxe da monarquía. É importante que isto o teña claro o espectador ó final dos trece capítulos», engade o creador sobre unha serie que a cadea compara con «O paciente inglés» ou «Downton Abbey».

O reparto está encabezado por pesados pesados da cinematografía nacional como José Sacristán e Alicia Borrachero. Mención especial, como non, para o galego Federico Pérez Rey (Era visto!, Padre Casares), rostro habitual en numerosas series y programas da TVG, que aquí dará vida ó médico Guillermo. Completan o reparto Amaia Salamanca, Álex García,Verónica Sánchez, Anna Moliner, Álex Gadea, Alicia Rubio, Marcel Borrás, Cristóbal Suárez e Daniel Lundh entre otros.

Máis información, na web da serie e Twitter

Federico Pérez como o médico Guillermo