21 setembro: Estrea en Cineteca Madrid de”Paisaxes da Capelada”, documental de Alberto Lobelle

 

A Cineteca Madrid acolle o vindeiro 21 de setembro, a estrea do ensaio documental Paixases da Capelada, filme en branco e negro realizado polo galego Alberto Lobelle e que foi premiado coa mellor fotografía no DocumentaMadrid. A película fai un percorrido pola historia da evolución da Terra, dende a Idade de Pedra ata a actualidade. Localizada na Serra de A Capelada (A Coruña), o seu granito negro formouse na Época Precámbrica, a partir de magma, hai 1.160 millóns de anos. As rocas permaneceron a gran profundidade ata que afloraron cando Pangea se fracturou, hai 200 millóns de anos, producindo uns cantís de 600 metros de altura. O Homo sapiens apareceu na Terra hai 200.000 anos e así ata os nosos días. A película, distribuida por Playtime Audiovisuales, foi galardoada co premio á mellor fotografía na pasada edición do festival DocumentaMadrid, e estrenarase o vindeiro 21 de setembro, ás 20.30h en Cineteca (Madrid). O pase contará coa presencia do director, quen manterá un coloquio co público asistente.

PASES:

J-21 Set. ás 20:30h en Sala Azcona – Coloquio posterior co director Alberto Lobelle

V-22 Set. ás 18:30h en Sala Azcona

S-23 Set. ás 18:30h en Sala Azcona

D-24 Set. ás 18:30h en Sala Azcona

M-26 Set. ás 18:30h en Sala Azcona

X-27 Set. ás 18:30h en Sala Azcona

Alberto Lobelle, cineasta formado na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, alterna o seu traballo en series de televisión, anuncios, documentais e películas, coa realización de obras de marcado carácter independente. En 2011 dirixe a súa primeira longametraxe, Matisse se escribe con dos eses coa que participou en varios festivais internacionais. En 2015, a súa mediometraxe Den Pobedy: Día da Vitoria, foi estreada mundialmente no FIDMarseille.