“Viradeira”: a nova comedia da TVG producida por Voz Audiovisual

A finais do pasado mes de xullo deu comezo a rodaxe de Viradeira, a nova serie de Voz Audiovisual (produtora responsable de éxitos da nosa televisión autonómica como Serramoura ou Padre Casares ou a máis recente El final del camino) que se rodará durante aproximadamente dous meses na localidade de Mugardos (pobo ficticio de Dorneda)

A localidade de Dorneda se embarcará na búsqueda do ouro escondido no pecio do Augusta. Segundo a lenda, un barco cargado do preciado metal afundiuse nas augas da vila, pero ata o momento ninguén dera credibilidade á historia.

Viradeira, creada por Xosé Morais, Víctor Sierra e Alberto Guntín narra en clave de humor a pugna entre os veciños e os expertos buscadores de tesouros, que coñecedores da lenda, acuden a Dorneda en busca da fortuna oculta. Pero os locais non llo pondrán fácil, xa que consideran que, se efectivamente existise un botín, este debería ser para o pobo e non para que o leve ninguén alleo ó lugar.

Sabela Arán, a actriz que dará vida a Carmela, a personaje sobre a que xirarán as tramas de Viradeira, considera que a elección da localidade costeira de Mugardos como escenario é «interesante» polo protagonismo que na serie terá o mar. «Estamos enriba del, no paseo, nos barcos, na praia e iso é o que o fai divertido e interesante», asegura.

Ademais de Sabela Arán, pasarán pola nova comedia da TVG actores como Adrián Castiñeiras, César Cambeiro, Fina Calleja, Patricia Vázquez, Josito Porto, Ana Santos, Marcos Pereiro, Nacho Castaño, Nunci Valcárcel, Paula Carballeira, Melania Cruz, Dani Trillo, Fernando González, Andrés Giráldez, Cristina Gallego e Iria Acevedo, entre outros.

Localizacións como Casa Carmela, a panadería de Dorneda ou o peirao son solo unha pequena parte do universo da serie que terá en Mugardos a súa parte de realidade, pero tamén se rodará por outros espazos da provincia de A Coruña. Ademais, o novo proxecto de Voz Audiovisual contará con incribles escenas subacuáticas que prometen facer as delicias do espectador.

A primeira tempada de Viradeira, que contará con quince capítulos dunha hora de duración, verá a luz este outono e a súa dirección correrá a cargo de Óscar Pedraza e Jorge Saavedra, que xa estiveron detrás doutros proxectos audiovisuais como Matalobos e Urxencia Cero.

Para máis información, podedes seguir as contar de Viradeira en Twitter, Instagram e Facebook.