“Einstein-Rosen” (Olga Osorio), mellor curta galega no FanCine de Lemos

A curta Einstein-Rosen, da coruñesa Olga Osorio, alzouse co premio Algueira á mellor curta galega no FanCine de Lemos rematado o pasado 30 de xullo. A realizadora repite premio que xa acadara na pasada edición con ReStart.

As outras curtas premiadas foron:

Mención especial do xurado: El sueño espacial (Ignacio Malagón) e Cavalls Morts (Marc Riba e Anna Solanas)

Premio do xurado: iMedium (Alfonso García)

Premio do público: The app (Julián Merino)