“Dhogs” (Andrés Goteira) fai historia: primeira película en galego no Festival de Sitges

Dhogs, ópera prima do lucense Andrés Goteira, fai historia ó converterse na primeira película en lingua galega en proxectarse na historia do Festival de Cine Fantástico de Sitges, que este ano celebra o seu 50 aniversario homenaxeando á actriz norteamericana Susan Sarandon, a quen entregará o vindeiro mes de outubro o seu Premio Honorífico. Outros dos homenaxeados será o director William Friedkin (The French Connection, O Exorcista), que recollerá o Gran Premio Honorífico, e o director e produtor hongkonés Johnnie To (Breaking News, Election). Dhogs, tamén foi seleccionada para participar no prestixioso Fright Fest de Londres, que se celebrará en agosto.

Dhogs é a miña primeira viaxe como director de cine, e nesta primeira viaxe quixen realizar unha película de xénero, xogar coas narrativas e a partir de ahí, dar ó espectador a posibilidade de sacar as súas propias conclusións. Interésanme moito os cambios de perspectiva e as miradas desde diferentes puntos de vista. Quería sinalar ós malos e facelos partícipes na película”, afirma Goteira na páxina da cinta.

 

 

Además de “Dhogs“, o cine español estará representado en Sitges por Gerardo Herrero e a súa Maus, adaptación libre do famoso cómic de Art Spiegelman, e pola máis recente produción da factoría catalana do xénero, encabezada por Jaume Balagueró, que presentará a súa última película, Musa, thriller que conta cos actores Christopher Lloyd, Franka Potente e Leonor Watling.

Dhogs está interpretada por Antonio Durán “Morris”Melania CruzCarlos BlancoMiguel de LiraIván Marcos e María Costas, e foi rodada en Galicia e Almería. Estreouse no Festival de Cine Independiente de Buenos Aires e tamén pasou polo Festival de Cans.

Tras rodar varias curtametraxes (O paquete, A porta e Dous días dicen), Goteira decidiu dar o salto á longametraxe con este Dhogs, do que tamén firma o guion. Dhogs é unha coprodución de Gaitafilmes e Pixel Films, subvencionada por Agadic, a Diputación Provincial de Lugo, varias empresas e 400 pequenos inversores a través do micromecenazgo.

En canto ó argumento da cinta, segundo a web do filme “conecta 6 tramas que alternan a intriga, a obsesión e a sensualidade. Unha película de historias paralelas que xiran en torno a unha serie de peculiares personaxes: Unha fermosa muller, un home de vida escura, un taxista e un vello ex-militar”.