IV FanCine de Lemos: 27-30 xullo

 

Mañá xoves 27 de xullo comeza a IV Edición do Festival de Cine Fantástico e de Terror de Monforte de Lemos coa gala de apertura que se celebrará na Casa de Cultura ás sete e media da tarde. De seguido, se proxectarán na Casa da Cultura 8 das 24 curtametraxes que foron seleccionadas de entre as máis de 250 que participaron no concurso organizado polo Fancine de Lemos. As curtas serán as seguintes:

Abuelo (Borja Muñoz)
Cavalls morts (Marc Riba, Anna Solanas)
I-Medium (Alfonso García)
Mise en Abyme (Nalia Arenas)
Redemption (Vasni J Ramos)
Rewind (Rubén Pérez)
Timelapse (Aleix Castro)
Verde Pistacho (Paco Cavero)

Ás 22:00, Fran Rey, pianista do cine mudo, porá música a varias secuencias de cine fantástico. A xornada do xoves rematará coa proxección de dúas películas dun dos directores surcoreanos con máis repercusión nos últimos anos: Yeon Sang-Ho. A exitosa Train to busan, sobre unha apocalipse zombie, e a precuela animada de ésta: Seoul Station. Unha oprtunidade única para acercarse ó cine dun dos realizadores clave do cine fantástico asiático do século XXI.

Xa no venres, ás 18:30 os interesados poderán desfrutar dunha sesión de maquillaxe FX a cargo de Andrea Pérez. Seguidamente, ás 19:00, haberá unha charla con Mo Caró, “ilustrador con carácter nas súas obras e unha gran dose de forza. Naceu entre os mellores artistas do xénero dos 70, os cales lle aportaron os seus saberes máis profundos. Un portadista cun trazo espectacular con regusto ós 80”.

Ás 20:30 continuamos coa proxección de curtas da Sección Oficial coas seguinte tanda na que destaca Einstein-Rosen, a multipremiada curta da coruñesa Olga Osorio, quen levouse o pasado ano o galardón á mellor curta galega con ReStart:

Destroy Madrid (Joseba Alfaro)
Einstein-Rosen (Olga Osorio)
El abogado (Ignacio F Rodó)
El sueño espacial (Ignacio Malagón)
Fe (Juan de Dios)
Into the mud (Pablo Pastor)
Lágrimas secas (Galar Egüén)
Room for rent (Fernando Simarro)

 

Rematamos o día con máis cine ó aire libre coa proxección, a partir das 22:00, de dúas cintas británicas: La autopsia de Jane Doe (André Øvredal) e Melanie. The girl with all the gifts (Colm McCarthy):

 

 

 

O sábado 29 recoméndase “madrugar” para asistir ó coloquio sobre cine e televisión na actualidade cos artistas invitados Borja Luna, Iolanda Muiños e Luis Avilés. Xa pola tarde, ás 18:30, nova sesión de maquillaxe FX a cargo de Andrea Pérez e, para os máis frikis, como homenaxe ó 40 aniversario de Star Wars, unha nova esperanza, o FanCine organizou un desfile no que distintas personaxes do filme recorrerán as rúas de Monforte.

Ás 20:30 A Casa da Cultura proxectará as útimas curtas da Sección Oficial do Festival:

Ángel caído (Fran Parra)
Colgado (Roger Grau)
Jules D. (Norma Vila)
Marcianos de Marte (Fernando Trullols)
Mega Zoe (Marc Oller)
Mom (Ferrán Brooks)
Nerón (Rubin Stein)
The app (Julián Merino)

Pola noite terá lugar a gala de premios das 24 curtas visionadas. Haberá tres premios: un entregado polo xurado, outro pola organización e outro que dependerá do público. O jurado estará composto por Borja Luna, Yolanda Muíños e Elena Gallego Abad.

Finalmente, o domingo 30 destacamos ás 18:00 a mesa redonda coa xornalista e escritora Elena Gallego Abad. Ás 19:30 o público poderá disfrutar de dúas curtas especiais: Olvidados, curta realizada e guionizada polos alumnos dos Escolapios, e Send them to the Slaughterhouse, da realizadora local Anabel Soto. Ás 20:30 se proxectarán as curtas gañadoras na Casa da Cultura, e como guinda, a partir das 23:00, os que todavía queden con forzas e sed de cine poderán visionar a irlandesa I am not a serial killer (Billy O´Brien) nos Multicines Hollywood.