26-29 xullo: Semana Internacional de Cine en Betanzos adicada a José Luis Cuerda

Betanzos acolle, entre o 26 e o 29 de xullo, a Semana Internacional do Cine, que estará adicada a José Luis Cuerda pola súa vinculación con Galicia. O director, que estará presente nas tres xornadas, rodou en Betanzos algunhas escenas de Todo es silencio, película que se proxectará o sábado 29 de xullo a partir das 20.00 horas. O acceso ó cine Alfonsetti, onde terá lugar esta Semana Internacional, é gratuito.

Hoxe, mércores 26 de xullo comezarán as proxeccións con Amanece que no es poco e Así en el cielo como en la tierra. O xoves 27, o público poderá visionar La Marrana e El bosque animado, filme que será presentado polo presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, José Luis Castro. As proxeccións do venres serán Los girasoles ciegos e La lengua de las mariposas. Non faltará o escritor Manuel Rivas e os actores Manel Lozano, Gonzalo Uriarte e Uxía Blanco.

A Semana do Cine conta cun orzamento de 6.000 euros e o Concello avanzou que este ano dotará de equipos audiovisuais ó cine Alfonsetti coa axuda da Deputación.

PROGRAMA DO FESTIVAL