“Psiconautas” (Alberto Vázquez), Premio Platino á mellor película de animación

O coruñés Alberto Vázquez segue triunfando coa súa cinta de animación Psiconautas, los niños olvidados. A cinta premiada nos pasados premios Goya, recibiu a pasada semana o Premio Platino na súa categoría. A cuarta gala dos Premios Platino celebrada en Madrid, deixou como gran triunfadora como Mellor Película Iberoamericana á arxentina, El ciudadano ilustre, de Mariano Cohn e Gastón Duprat.

A outra gran triunfadora é a película do tamén español Juan Antonio Bayona Un monstruo viene a verme, que se levou os premios a Mellor Montaxe, Mellor Dirección de Arte, Mellor Fotografía e Mejor Son.

Pedro Almodóvar, pola súa parte, levouse a Mellor Dirección por Julieta, película que tamén foi premiada coa Mellor Música Orixinal, obra do multipremiado compositor vasco Alberto Iglesias. Nacido en Siria, a historia de Hernan Zin que conta a crise migratoria que se vive en Europa acadou o galardón a Mellor Documental.

En canto ós premiados a mellor interpretación, Sonia Braga venceu na categoría feminina polo seu papel en Doña Clara, e Óscar Martínez na categoría masculina por El ciudadano ilustre. O premio Platino de Honra foi entregado ó actor Edward James Olmos, quen reivindicou a labor do cine iberoamericano dicindo: “Durante anos loitei porque o cine latinoamericano alcanzara a categoría que se merecía”.

Foto dos premiados

PALMARÉS:

Mellor película iberoamericana de ficción: El ciudadano ilustre

Mellor dirección: Pedro Almodóvar, por Julieta

Mellor interpretación feminina: Sonia Braga, por Doña Clara (Aquarius)

Mellor interpretación masculina: Óscar Martínez, por El ciudadano ilustre

Mellor miniserie ou teleserie cinematográfica: Cuatro estaciones en La Habana (España / Cuba)

Mellor película documental: 2016. Nacido en Siria (España)

Mellor guión: Andrés Duprat, por El ciudadano ilustre

Mellor montaxe: Bernat Vinaplana e Jaume Martí, por Un monstruo viene a verme

Mellor dirección de arte: Eugenio Caballero, por Un monstruo viene a verme

Mellor fotografía: Óscar Faura, por Un monstruo viene a verme

Mellor son: Peter Glossop, Oriol Tarragó e Marc Orts, por Un monstruo viene a verme

Mellor música: Alberto Iglesias, por Julieta

Mellor película de animación: Psiconautas (España)

Mellor educación en valores: Esteban (Cuba)

Mellor ópera prima: Desde allá (Venezuela, México)

Premio do público á mellor película: El ciudadano ilustre (Argentina)

Premio do público ó mellor actor: Óscar Martínez, por El ciudadano ilustre

Premio do público á mellor actriz: Natalia Oreiro, por Gilda, no me arrepiento de este amor